miércoles, 14 de noviembre de 2007

E DESPOIS DA MÚSICA ....!! A COMER !!


Se por algo se caracteriza a nosa charanga é polo bo ambiente que temos entre nós.Certo é que sempre hai discusións coma en tódolos sitios....¿pero quen non refunfuña ás veces?

É por iso que caseque sempre que rematamos unha actuación imos comer xuntos...onde sexa,o importante é rematar ben a faena, e que mellor que facelo ca panza chea.
Somos todos de bo dente, do primeiro ó último,e entámoslle ó que nos boten...gústanos o cocido que comemos en Campos, os menús do Mesón de Erosa,ou o ben que comemos no bar Estadio.

Pero o que más nos gusta a todos,e o que ningún faltamos ,son as viandas que nos prepara a muller do Carrera na festa de Castrelo de Abaixo. !!Cómo nos pomos có cocido,có cabrito...e có mellor de todo,a tarta de queixo!!
Esa muller si que sabe cociñar....e dende aqui reconocémoslle todo o seu mérito.



No hay comentarios: