Xa chegou,xa pasou....o Entroido.Nos,os verinenses precisamos del coma do aire, para fuxir da vida diaria, dos problemas, traballos, e olé...
No entroido todo é diferente; pasamos do traballo á festa, da seriedade á diversión, da tristura á ledicia; todo é liberación, a máscara quita calquer complexo e timidez, e senón que mo digan a mín!.
¿Alguén sabe dalgún lugar onde se disfrace máis xente por metro cadrado?. ¿Alguén sabe dalgún lugar onde se faga unha festa do volume da destes días nun clima tal de cordialidade e harmonía perfectas? ¿Pelexas, agresións, encordios? Algunha houbo, pero final non ha chegar o sangue ó regato; Pero,bueno,estas son cousas que pasan.....
E non será porque non se bebese... que o que é beber,en Verín, coma cosacos; Pero é que somos xente que se quere, sábese divertir. ¿Orgullo de ourensán? Sí. coma non; e coa testa moi alta; porque creo que cando un se disfraza, quere divertirse facendo sanamente o ridículo aínda máis que as personaxes dos que vai disfrazado....sexan presidentes, alcaldes...E iso, este ano, estaba difícil, moi difícil. Por iso, seguramente, no Entroido, non nos quixemos lembrar deles nin en pintura. Velaí unha mostra máis da vitalidade e saúde do noso inimitable e queridiño Entroido.
¿E sabedes que?....Crispados estarán elas, esas personaxes. Nós, de resaca. E xa nos chega abondo.



