Inda temos que buscar un disfraz....Esperamos ideas...
jueves, 29 de noviembre de 2007
AXEITÁNDONOS PARA O ENTROIDO
Inda temos que buscar un disfraz....Esperamos ideas...
domingo, 25 de noviembre de 2007
FRAN DECIDIU IRSE.....!! VÉMONOS !!!
Desexámoslle que, nesa charanga onde vai, o pase tan ben coma o pasou na Xente Nova...
Que teña por certo, pois moito nos facía rir, que o imos botar de menos.....abofé que si...
Esperamos verte pronto nas festas,Fran....unha aperta dos teus compañeiros da Charanga Xente Nova.
NA CEA.....COMEMOS, BEBEMOS...E MUSICAMOS
O primeiro un par de horiñas de ensaio,que sen ensaiar non se fai nada, e logo si, a cea.
Como xa dixeramos, ceamos no Fiadeiro...!!e como ceamos!!...e senon que lle preg
E alá botamos unhas cancións para que a xente bailase.."15 de agosto", "Macarenas"...ou "el tablón"
O caso é que o pasamos de medo....asi que,pro ano....outra mellor
E agora...aqui vos deixamos un video dunha das cancións que tocamos na cena....
E non podemos rematar esto sen agradecerlle a Manolo,o propietario do "Meson o Fiadeiro" o ben que nos tratou...unha aperta para el...!!e gracias!!
jueves, 22 de noviembre de 2007
SANTA ICÍA

Viviu no século III . Contan que esta doncela romana foi prometida polo seu pai a un xove, Valeriano. A felicidade de Cecilia ante esta boda non era tanta, xa que consagrara a sua virxinidade a Deus, pero non quixo oporse á vontade dos sus pais e finalmente casou.Durante anos a santa entregou sua vida ós máis pobres, e entregando os sus bens ós máis necesitados. Según algunhas actas, Santa Cecilia foi arrestada por propaga-la fe cristiana. Pecharona no cuarto da calefacción duns baños romanos cá intención de asfixiala, pero como non o conqueriron, e ela cantaba alí dentro;ó final decapitárona. En 1584 foi elexida patroa da Academia de Música de Roma, e dende esa data, as corais, orquestras, bandas e cantantes festexan ese día na súa honra.
ÓS QUE FAN O BLOG
Agradecerlle a ela,e máis a Roberto, o noso percusionista, as molestias que se están tomando para que este blog saia adiante.
Sen dúbida un labor que leva o seu tempo, recollendo material e buscando novas aplicacións.
Moitas gracias e unha aperta para Marián e Roberto.
CANDO ESTIVEMOS EN ROMARIZ
Aquí vos quedan algunhas fotos dese día ,agora con PictureTrail,unha ferramenta nova...e é que nos probamos de todo...!!que non se diga!!
Unha aperta, blogueiros
martes, 20 de noviembre de 2007
ESTE SÁBADO DÍA 24 ¡¡¡¡¡CENA FIN DE TEMPADA!!!!!!
O acto tera lugar no Mesón máis famoso da comarca de Verín O´FIADEIRO onde seguramente interpreten algunha das súas pezas mais famosas o rematala ¨comilona¨.
Despois de tomar o postre,café e algun cubatiña para entonar,os componentes faranse ver polos locais de ambiente da vila.
VOS SODES OS QUE BAILADES!!!!!
ALBUM DE FOTOS
Facendo "clic" na imaxe,ides directiños á páxina do álbum.
Aburiño....
lunes, 19 de noviembre de 2007
ENTRE MOUROS E CRISTIÁNS
E alí tocamos nos,no campo da festa, ademais de dar un pasarúas.Pero o mellor foi o polbo ó que nos invitou á comisión.Comemos moi ben, logo, volver a tocar,rematada á "batalla do viño".Toda unha experiencia.
IMOS AVANZANDO....

Agora unímonos a, valla a redundancia, Unión de Bloggers Hispanos,que é unha comunidade dedicada ós bloggers que escriben en español, un punto de encontro no que poder atopar e interactuar con outros blogs de contidos semellantes.
Asi que, o blog de Charanga Xente Nova,xa é un pouquiño máis popular.
!! BATUKADA !!!
O 28 de xullo celebrouse en Verin a terceir edición da batukada.
Chanclas,flotadores, pistolas de auga....todo servía para rematar cá calor dese día.
Festa da espuma,e logo,a" ruta da batucada " ,onde entramos nos en escena.
Había xente de todas as edades,e senón..mirade a foto da dereita....se fose mais pequeno...iria a gatas...¿non é curriño?.
Moita marcha e ganas de festa...música,auga...e o que non era auga...
Agora só queda esperar que pro ano que ven a festa da batukada sexa ainda mellor.
ALGO DE HISTORIA.....SANTIAGO DE RUBIÁS
Esta aldea, pertencía o antergo Couto Mixto.
Din os mais vellos,que no adro da Igrexa de Santiago de Rubiás,se reunian as autoridades do Couto Mixto,Santiago,Rubiás e Meaus, para decidir sobre os asuntos que lle eran propios.Eran un xuiz e dous homes por cada aldea.
Dende tempos medievais os veciños do Couto Mixto,estaban exentos dos impostos ós reinos,decidian as suas propias normas e tiñan o seu propio tribunal,ademais dun camiño inmune as accións dos gardas da fronteira para o libre comercio.
E nesta igrexa de Santiago de Rubiás , nunha arca con tres chaves,cada unha custodiada nunha aldea, era onde se guardaban tódolos documentos,ata que os destruiron os franceses na sua retirada da península en 1809.
Todos estes dereitos do Couto mixto,remataron en 1864,o crearse as fronteiras entre os estados portugués e español.
Como vedes, fumos traballar, e aprendemos un pouquiño máis da historia de Galicia.¿Vos sabiades todo isto?
viernes, 16 de noviembre de 2007
ALGO MAIS DA CHARANGA
jueves, 15 de noviembre de 2007
XA SE ACHEGA O ENTROIDO...
Aqui nos tedes á percusión,Roberto e Santi.Mira que buscamos uns disfraces axeitadiños....Estamos tocando nun partido de fútbol.!!!E o frío que ía esa tarde!!
Estes son dous dos tres trompetas.Estamos no bar Estadio,escapando do frío e da chuvia que caía.
Tamén Aparece tamén,medio agachado alá por trás, o saxo tenor,Fran.
Aqui somos todos os que estamos,pero non estamos todos os que somos....e asomando a cabeza,Suso irmán de Fran,que tamen toca o saxo tenor.Eso si,agradecerlle as veces que ten vido botarnos unha man...!!Gracias Suso!!

Saúdos para Raúl, e para Manolo (O Fiadeiro), Mesón onde a charanga debuta tódolos entroidos ó Xoves de Comadres.
E senón antes, xa nos vemos no ENTROIDO...xa sabedes a quen tedes que buscar.......
!!!!!CHARANGA XENTE NOVA!!!
AGRADECEMENTOS .................

Agradecer tamen ós numerosos representantes que se acordan de nós á hora da preparación dalgún evento, e dende aqui pedir desculpas a toda persoa que se sentise ofendida por algo ou algén ... (penso que non hai ningun, pero por se acaso).
Para rematar unha enorme aperta a todo o mundo que nos coñece e ós que non tamén porque seguro que algun dia o farán.
¡¡¡GRAZAS!!!
miércoles, 14 de noviembre de 2007
ORIXE

Velaqui a primeira foto que a CHARANGA XENTE NOVA botou por Verin adiante e a súa comarca para darse a coñecer; foi feita no ano 2002 e desta formacion dous componentes xa non estan por diferentes motivos.
Dende aqui aproveitamos para mandarlle un saúdo e agradecerlle os servizos prestados
tanto a BARETA como a MIGUEL ANXO.
GRACIÑAS...
SAXOS : MANOLO MARCOS E MIGUEL
TROMPETAS: MANUEL E MARCOS
PERCUSION: BARETA E ROBERTO
!!VAIA NENOS¡¡
!!Como acabaron aquelas fundas!!
Non valeron para mais nada
ENTROIDO 2003
Aqui estamos tocando no Restaurante CATRO VENTOS 2 na boda dun personaxe moi coñecido por toda a charanga Venus de Castrelo de Abaixo.
O primeiro musico que se ve é TIVO o noso trombonista durante 2 tempadas .Dende aqui un saudo tamen para el.
TEMPADAS ANTERIORES
Velaquí aprimeira foto que a CHARANGA XENTE NOVA dispersou polosAQUI QUEDA A FORMACION DAQUEL ANO
PERCUSION Roberto e Bareta
SAXOS Marcos Manolo Miguel
TROMPETAS Manuel e Marcos

Esta fotografia pertence a boda de un dos coñecidos da CHARANGA o señor VENUS de Castrelo de abaixo nela pode diferenciarse a TIVO o noso trombon durante un par de temporadas un saudo dende aqui para el.
A NOSA CARBONERA
Nos collemos á Carbonera e imos a todo-los sitios nela cando temos unha actuación. E nela colle de todo;collemos nos,collen os instrumentos,e de cando en vez,temos algun,"agregado", coma o canciño que se escondeu dentro da furgoneta cando tiraban os foguetes en Campos.
Nela pasamos moitas...a última perder as chaves...que inda esta por ver se non as levou un can na boca.
Si, seica foi o can do Roberto,Rocky....que as viu e dixo....!!para min!!..e nos cantando,"donde estan las llaves materile,rile rile...."
Pero o fin atopámolas...e xa podemos volver por en marcha a nosa "Carbonera"
E DESPOIS DA MÚSICA ....!! A COMER !!
É por iso que caseque sempre que rematamos unha actuación imos comer xuntos...onde sexa,o importante é rematar ben a faena, e que mellor que facelo ca panza chea.
Somos todos de bo dente, do primeiro ó último,e entámoslle ó que nos boten...gústanos o cocido
Esa muller si que sabe cociñar....e dende aqui reconocémoslle todo o seu mérito.
A CARRADA DO VIÑO

A procesión ía encabezada por un carro, dos que antaño eran tirados por bois,cunha imaxe de San Trifón e dous pipotiños de viño.O único requisito para participar nesta festa, era adquirir unha cunca para o percorrido,por 5 Euros, que ía acompañada dunha imaxe do santo.
E seica por tela poderiamos degustar empanada,lacón,bica e castañas asadas,pero foron estas últimas o único que pillamos... e gracias ó noso bombeiro, Santi que sinon nin por esas.
A Zona de Contacto Esta SUPRIMIDA
O noso e-mail:`
DATAS 2007 ¡¡creo que estan todas!!
MAIO:
DIA 19. BODA NO BRASIL
DIA 27.A TRAVE
XUÑO:
DIA 17.BENPOSTA
XULLO:
DIA 7.GANADE
DIA 22.CASTIÑEIRA
DIA 25.SANTIAGO DE RUBIÁS
DIA 28.BATUKADA
DIA 29.VILARELLO DA COTA
AGOSTO
DIA 4.PAZOS
DIA 5.ROMARIZ
DIA 11.COMUNIÓN NO PILAS
DIA 11.CASTRELO ABAIXO (VERBENA)
DIA 12.CASTRELO ABAIXO
DIA 15.CASTRELO DO VAL
DIA 15.COMUNIÓN CABREIROA (TARDE)
DIA 18.CEPEDELO
DIA 25.BOULLOSA
SETEMBRO:
DIA 7.CASTRELO DE CIMA
DIA 8.CASTRELO DE CIMA
DIA 8.OS REMEDIOS
DIA 15.A TREPA
DIA 23.A SAINZA
DIA 29.PROGO
OUTUBRO.:
DIA 7.CAMPOS
DIA 13.PARADA DA SERRA
NOVEMBRO:
DIA 10 .A CARRADA DO VIÑO
martes, 13 de noviembre de 2007
OS MÚSICOS
Manolo,
Marcos
Marcos
Manuel
Roberto
Santi
Juan Luis Antiguos compañeiros de Charanga

Fran
Suso
Alex
ArsenioColaboracións:

Agradecerlle a Pablo que nos botara un "pe" na "Carrada do viño",
coa súa trompeta, que coma din os vellos: "tócache ben o rapaz".
Tamén comentar que nos axuda como "arreglista" para a charanga.






