lunes, 25 de agosto de 2008

VALDESPINO

Saúdos!!
Iste sábado pasado fumos ata Valdespino,nos arredores do parque natural do Lago de Sanabria.
Unha festa moi axeitada.A charanga empeza a tocar nunha casa ,e vai polo povo endiante de casa en casa,e a xente de todas as vivendas que se percorren vaise unindo á charanga ata xuntarse todos os veciños diante da casa do mordomo,que sería aqui en Galicia,como o representante da comisión de festas.En case toda-las casas ofrecen viandas,bebidas e doces á charanga e a todo o que a acompañe,para rematar diante da Igrexa da Virxe da Guía,patroa de Valdespino.
Mirade,mirade....



MATAMA

Hola outra vez....desta dende Matamá.
Alí a cousa foi rapidiña...tocamos un par de horas á beiriña do río.Estábase de medo.
Todo ben ata que descubrimos a falcatruada que lle fixeron o noso trompeta .Alguén se dedicou a saltarlle no teito do coche,esnaquizándoio e deixandoio afundido.Non é cousa de broma.
Malos rollos aparte,aqui vos deixo algunhas fotos da tarde.
Saúdos.



martes, 19 de agosto de 2008

San Eusebio de Coles

E seguimos dando "a nota". Desta volta fúmonos ata San Eusebio de Coles,na Peroxa.
Foi unha alborada un tanto atípica,pois había que ir de barrio,parroquia...non sei como definilo..en barrio...face-lo pasarrúas,e ala, subir á Carbonera(a nosa furgoneta,chámase así)....e deica outro lado....como din por ahí, "es otra cosa,chico".
Aqui vos deixo unha das cancións que tocamos na sesión vermouth...Disfrutade


CASTRELO 08

Xa estamos outra vez aqui....Desta volta,en Castrelo.
Cansadiños coma mulas,despois da troula de Cerdedelo,arrimámonos a Castrelo do Val.E é que non paramos.Saltamos dunha noutra.
Seica desta vez o levamos mellor,xa que a alborada,dímola en remolque....calquera recorre a pe castrelo, !!mi madriña!!....terían que nos recoller con pinzas, que a troula é moita.
Mirade o noso vehículo...¿a que estamos xeitosos??


CERDEDLO 08

Mi madriña rapaces!!!....!Que festa en Cerdedelo!!!
Fomos á noitiña para tocar logo da cea que fai tódolos anos o povo de Cerdedelo.E tocamos,e comemos,e bebemos,e bailamos ca orquestra e fixemos bailar á xente; mirade.....mirade....



martes, 12 de agosto de 2008

O FORNO-Castrelo


O sábado pola noitiña fumos tocar a Castrelo do Val.
Celebran unha cea entre tódolos veciños, A festa do forno . Empanada, costela,viño ...e moita,moita festa.




¿A que apetece apuntarse a esta festa....? Saúdos para a xente de Castrelo

MATOSINHOS


Hola de novo:
Este domingo estivemos Matosinhos,Portugal.
Aqui estreamos a nosa nova misa,e asistimos a una cholorida procesión,onde todas as imaxes dos santos ian adornadas con billantes cintas de cores.
Convidáronnos a xantar en Vidago, onde probamos o bacallau á grella ou o leitao,e logo a tocar un pouquiño mais.
Agradecémoslle a xente da "freguesía" de Santa Leocadia o bo trato que nos deron

lunes, 4 de agosto de 2008

VILARELLO

Saúdos blogueiros dende Vilarello da Cota.

Hoxe,3 de Agosto son as festas do Corpus,como xa dixo o cura,un pouco retrasadas,en Vilarello.
Con moita calor escomenzamos a alborada no povo do noso trompeta, Marcos. Xa logo, o remata-lo pasarúas ,obsequiounos con empanada, bica e bebidas, para collermos forzas antes da misa.
Aqui vos deixo un video dunha das cancións que interpretamos : "Fiesta en la caleta",a preferida de Santi,o que por certo, non lle felicitamos o seu santo o día 25 nas festas de Albarellos.....e é que a cabeciña xa non nos da para máis.Felicidades,Santi.