lunes, 19 de mayo de 2008

NA FESTA DO BOI...ALLARIZ 2008

Saúdos blogueiros.....dende Allariz...onde fumos animar á "Festa do Boi".


Correr diante do boi,como que non....pero abrirlle paso rúa arriba e rúa abaixo...eso si que o fixemos.

Dende aqui,darlle as gracias a xente da Asociación Cultural Xan de arzúa...que se portaron connosco...ata quedamos en volver pro sábado seguinte,eso si,de troula...ou sexa, que temos ganas de festa


Ahi vos quedan unhas instantáneas da tarde en Allariz

domingo, 4 de mayo de 2008

IMOS Ó BARCO... DE VALDEORRAS

Hola blogueiros!!
Fai que non nos miramos uns dous meses...pero xa vedes que non deixamos de facer barullo...e dicir, música...
Iste sábado,3 de maio fumos dar ó Barco de Valdeorras... tocar nunha voda...e non vos minto se vos digo que pasamos máis fame que un maestro de escuela...dos de antes..porque comemos cara as seis da tarde...eso si, puxémonos as botas cos bocatas do "Suizo", na Gudiña... !!80 € en bocadillos!!...e é que tiñamos fame...