martes, 19 de febrero de 2008

!!! FELIZ CUMPREANOS !!!


Hoxe é o cumpreanos do noso trompeta Demetrio.
Moitas felicidades...e non te preocupes se tes moitas veas que soprar...nos axudámoste



!!!! FELIZ CUMPREANOS DEMETRIO !!!

miércoles, 13 de febrero de 2008

WEBCHAT


Chat

jueves, 7 de febrero de 2008

O ENTROIDO





Este ano no entroido
este ano vai ser boa
coa subidiña dos prezos
calquera fai as filloas.



E no carriño da compra
vas polo supermercado,
carallo como subiron
os prezos dos conxelados!!!







O asunto é que non chega
para botar gasolina
tes que ir a traballar
na bici da túa sobriña.




Este tempo está tan tolo
case que non hai inverno
aforro en calefacción
que é o que di o goberno



Xa temos que ir rematando
porque eu cobro por hora
os euriños fanme fallta
para ir facer filloas.



viernes, 1 de febrero de 2008

XOVES DE COMADRES

Hola blogueiros!!!

Esta si que che foi!!!....O xoves de comadres é moito.... Nos andivemos a correr a festa polos restaurantes da carretera de Laza,O Fiadeiro, O estadio,O Castelo e rematámola no Lugano...e ali ata saímos na televisión...as mulleres tiñan ganas de festa...e nos non nos quedamos atrás ....
Mirade senón as fotos




Bueno amigos....pois xa nos vemos correndo o Entroido ...A ver quen é mais rápido