Fai xa tempo,un grupo de xóvenes con ganas de disfrutar da música e sobor de todo,de pasalo ben, decidiron crear unha charanga.
Empezamos no ano 2001,sendo 6 membros dos cales por lo menos dous non tiñan a maioria de idade.O principio foi todo bastante dificil: numerosos ensaios cargados dunha enorme paciencia para poder chegar a onde estamos hoxe.
Debutaramos en Mañoas,aldea do concello de Riós onde penso que quedaramos bastante ben para logo seguir ata facer 6 temporadas onde tocamos xa en case todolos pobos da contorna e algún de mais alá tamén
Inda que esté mal que o digamos nos, cáseque sempre gustamos pola nosa forma de entende-la música, que mais que traballar, pois para eso cobramos, é coma se estivesemos de troula.
Cada canción é un espectáculo,un desafio ós que a escoitan,porque con cada nota, a Charanga Xente Nova quere agatuñar un sorriso, un baile, e sobor de todo,moito balbordo.
Agora somos máis, e de vez en cando aparece algún "agregado" que ven tocar connosco, pero eso si,ten que traer os petos cheos de ganas de foliada.

1 comentario:
Muy buena la pagina se nota que hay gente que controla del tema,ya se donde encontrar una buena charanga cuando tengamos fiestas en el barrio.
Un saludo para todos y en especial O SOLETE.
electraverin
Publicar un comentario